Monday 29 de April de 2024

Miño acollerá o 19 e 20 de agosto o I Torneo de Fútbol Praia


• A competición, organizada polo Concello coa colaboración da A.D Miño, terá lugar na praia da Ribeira.

O Concello de Miño organizará por vez primeira este verán o I Torneo de Fútbol Praia, coa colaboración da A.D. Miño.

O evento terá lugar nas pistas de fútbol recentemente instaladas na praia da Ribeira, e terá lugar durante a terceira fin de semana de agosto, o sábado 19 e o domingo, día 20.

Nesta iniciativa, que busca promover o lecer saudable tamén no verán e o aproveitamento dos espazos naturais do municipio, poderán participar persoas de 16 anos en diante. Ademais, os gañadores recibirán premios en metálico.

Para os interesados e interesadas, as inscricións xa están abertas no correo do departamento de deportes (deportes@concellodemiño.gal), e para tramitalas hai que achegar o nome do equipo, número de xogadores e un teléfono de contacto.